ptblogueando

martes, 14 de febrero de 2012

E queixámonos de frío na Capela...

Na localidade de Arcadia, en Odessa (Ucrania) pódese ver no vídeo como o Mar Negro quedou completamente xeado e as praias, cheas de xente no verán, están agora desoladas , cubertas de branco e a 30 graos baixo cero.
ARCADIA NO VERÁN

domingo, 12 de febrero de 2012

Problemas coa gramática?

         Wordpharmacy (Farmacia de palabras) é un proxecto do escritor e artista danés Morten Søndergaard. 
Son dez envases que simulan o deseño das caixas de medicamentos pero con categorías gramaticais: verbos, nomes, pronomes, artigos, preposicións, adverbios, conxuncións, adxectivos, numerais e interxeccións.