ptblogueando

viernes, 7 de diciembre de 2012

Adán reencóntrase con Eva.

Adán precisa da vosa axuda para superar os obstáculos que lle dificultan chegar onda Eva. 
Axudádelle!!!

jueves, 29 de noviembre de 2012

domingo, 7 de octubre de 2012

Reconversión

Os avances tecnolóxicos, ao meu entender, están moi ben pero teñen os seus "efectos colaterais".
Ata hai pouco, as cabinas telefónicas compartían espazo coas árbores nas beirarrúas. Debido aos constantes avances na telefonía, parecen estar en vías de extinción polo 
que, o colectivo artístico Kingyobu, da cidade de Osaka (Xapón) decidiu ser creativo 
e reconvertir as cabinas en peceiras.
Supoñemos que pecharían ben as portas...!!!

martes, 18 de septiembre de 2012

Outra artistada...

Neste caso, Marc Fichou, é un experto do origami.
Veredes que animais!!!

lunes, 17 de septiembre de 2012

lunes, 10 de septiembre de 2012

Bota a andar un novo curso!!!

OLA, OLA!!! Como vai?

Ide preparando todo que 
o mércores empezamos.
Vémonos!

 Aburiño!!!

sábado, 26 de mayo de 2012

Máis libros...


Open publication - Free publishing - More 2012
Unha interesante guía de libros que atopei na rede e ben podería ser de utilidade para disfrutar da súa lectura.

lunes, 23 de abril de 2012

Esculturas de lapis


lapis - diapositivas

Esculturas da artista sudafricana Jennifer Maestre  feitas con centos de lapis.
Primeiro córtaos en anacos de 2,54 cm., fai un burato a cada un, como para facer un colar, afíaos e logo cóseos dando forma.
Empezou inspirándose en ourizos de mar e xa vedes…
As pezas poden chegar a valer 6.000 euros  (por se queredes ir practicando).

domingo, 22 de abril de 2012

Que gozada!!!

Fantástica curta animada do ilustrador William Joyce e o director Brandon Oldenburg, inspirada no furacán Katrina, Buster Keaton, O Mago de Oz  e o gusto polos libros.

martes, 14 de febrero de 2012

E queixámonos de frío na Capela...

Na localidade de Arcadia, en Odessa (Ucrania) pódese ver no vídeo como o Mar Negro quedou completamente xeado e as praias, cheas de xente no verán, están agora desoladas , cubertas de branco e a 30 graos baixo cero.
ARCADIA NO VERÁN

domingo, 12 de febrero de 2012

Problemas coa gramática?

         Wordpharmacy (Farmacia de palabras) é un proxecto do escritor e artista danés Morten Søndergaard. 
Son dez envases que simulan o deseño das caixas de medicamentos pero con categorías gramaticais: verbos, nomes, pronomes, artigos, preposicións, adverbios, conxuncións, adxectivos, numerais e interxeccións.